Os rapaces e rapazas de quinto de primaria estiveron coñecendo a ROSA ELVIRA CAAMAÑO. Unha artista nada en Bueu, pintora, escritora, doctora e profesora en diferentes facultades de Belas Artes. Estudou e traballou moito polo que recibiu varios premios tanto en España como en Italia.
![]() |
Preme na imaxe para saber máis sobre Rosa E. Caamaño |
Distribuíronse por grupos e empezaron a elaborar flores de diferentes tipos, con papel ou cartolina.
Pouco a pouco foron creando os cadros, poñendo as flores que ían facendo e engadindo froitas e animais, sempre guiándose polo orixinal. Quedaron estupendos!!!
Moi bo traballo rapaces e rapazas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario