domingo, 15 de febreiro de 2015

A ARTE NO ENTROIDO

O venres 13 de febreiro, despois de moitas semanas preparando os nosos traxes celebramos a gran festa do entroido. Con moito esforzo mestres, nenos, nenas, papás e mamás  traballaron arreo para ter todo arranxado. Aquí tendes unha mostra de como o fixeron os máis pequeniños do cole.


E aínda que o tempo non nos acompañou, puxemos os nosos disfraces artísticos e celebramos unha gran festa no ximnasio do colexio.
Os rapaciños e rapaciñas de infantil convertéronse en reloxos de Salvador Dalí...


Kandinsky foi o artista elexido polo alumnado de primeiro de primaria...



 Os nenos e nenas de segundo transformáronse en pintores...






A rapazada de terceiro e cuarto imitaron os cadros de Miró...





O alumnado de quinto optou pola arte musical e vestíronse do gran Mozart...




E os maiores do colexio emularon a arte de Charles Chaplin e o Charleston...




Todos e todas levaban ben aprendidas as súas cancións...



MAIS ARTE NAS BARXAS

Interesante artigo sobre ARTE no xornal O PAÍS hoxe. Nel destácase o traballo do alumnado do IES AS BARXAS de Moaña e da súa profesora de Educación Plástica Luz Beloso con animacións tan espectaculares como estas...






Para ler e ver o artigo completo preme no seguinte enlace:

Escolas en Rede

martes, 10 de febreiro de 2015

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Leo Lionni (autor) 
Kalandraka (editorial) 


Un clásico no que a simplicidade e a harmonía, elévanse á categoría de obra de arte, nesta metáfora sobre a amizade, a inocemcia e a ternura. 

 

luns, 9 de febreiro de 2015

NÚMEROS CON ARTE

Os rapaces e rapazas de 2º, guiados polas súas mestras, estiveron traballando as matemáticas duna maneira moi artística. 

Para practicar as contas e os problemas dun modo divertido, mesturaron os números coa pintura da seguinte maneira:
1º Resolvían as operacións de cálculo ou os problemas propostos  en fichas como estas


2º Segundo o resultado obtido ían poñendo cor a un cadro seguindo un código de cores dado. 


3º Cada pintura levaba o seu título e pertencía a un artista moi coñecido.



4º Por último comentábase e falábase sobre a pintura e o artista de cada cadro.



Desta maneira convertemos unha actividade monótona noutra máis interesante e conseguimos que coñeceran a obra de moitos pintores; Dalí, Vermeer, Renoir, Picasso, Miró, Monet...






luns, 2 de febreiro de 2015

UN DÍA DA PAZ CON MOITA ARTE

Este ano o Día da Paz tamén foi un día ARTÍSTICO para nós. Empezamos construíndo a paz coas nosas caras, ao estilo Andy Warhol, nun mural na entrada do cole. 



Bordeando o mural uns lemas con Paz e ARTE:
BicARTE, ValorARTE, FelicitARTE, AgarimARTE, NamorARTE, LembrARTE, EmocionARTE,   ConsolARTE,   AnimARTE,   AcompañARTE,  ConvidARTE,  ConsolARTE.



Por mor da chuvia, o venres 30 de xaneiro xuntámonos todos no ximnasio, para celebrar este día tan especial, sabendo que a paz constrúese día a día.



Cada clase escribiu un pequeno texto co lema escollido, expresando os seus mellores desexos e sentimentos de cara aos demais, que despois leron en voz alta no acto de celebración :

1ºA
"Nós queremos bicARTE porque nos axudas, porque estás ao noso lado, porque nos gustas, porque nos ensinas, porque nos coidas, porque nos das de comer, porque nos levas de compras, porque nos queres, porque xogas con nós, porque eres a nosa amiga, porque queremos que sexas feliz. porque te queremos e queremos que vivas nun mundo mellor."
1ºB

"Nós queremos valorARTE porque me animas, te portas moi ben comigo, me das bicos, me das apertas, xogas comigo, me coidas, me visitas, me adoras, es bo, me ensinas cousas que non sei, me preparas a merenda, a comida e o baño, me mimas, me axudas a facer manualidades, me das agarimo, me queres todos os días, cada noite me les un conto, es o mellor, tes un sorriso moi bonito, me peiteas, me fas caso, sempre que estou contigo síntome ben.


2ºA

"Quero felicitARTE porque te esforzas en facer ben as cousas, axudas aos demais, sempre estás aí e podo contar contigo, coidas o planeta, sempre me animas cando as cousas me saen mal, me fas rir cando estou triste, Quero felicitarte por todo o amor que das a todos os que están ao teu carón."


2ºB

" Queremos agarimARTE por ser unha persoa bondadosa e desinteresada, para que te sintas mellor. por ser bo."


3ºA
"Queremos namorARTE cando saibas que nos alegramos dos teus éxitos, que nos afliximos se ti sufres, porque nos gusta o teu sorriso amable, doce, sincero, cariñoso, namóranos a túa mirada boa, limpa, tenra e despexada."

3ºB
"Eu quero lembrARTE con cariño para que te sintas feliz, pola túa intelixencia e paciencia para solucionar os teus problemas, pola túa xenerosidade para que te sintas ben, porque sempre me sentin acompañado por ti."

4ºA e 4ºB
"Queremos emocionARTE cando nos das un sorriso, cando nos les algo bonito, acndo nos das aloumiños con moitos biquiños. Queremos emocionARTE porque da nosa vida formas parte. coas nosas delicias de pinturas de arte"

"Queremos consolARTE cando estés disgustado e triste, cando non teñas plalbras e ideas para expresar o que estás sentindo. Queremos consolARTE sempre."

5ºA e 5ºB

"Queremos animARTE a quererte como es, a mellora cada día, a seguir adiante e non rendirte, a convivir en harmonía e en paz. En definitiva, a ser feliz"

"Queremos acompañARTE no día a día, para que rapaces enfermos coma ti (Eric) ou que sofren polos seus non vos sintades sós, porque estamos aquí para darvoa ánimos e axudarvoa a superar os obstáculos"


6ºA e 6ºB
"Queremos convidARTE a gozar da arte e pintarche un sorriso para que te sintas feliz en todas partes."

"Nós queremos ilusionARTE cada día cun sorriso por un mundo mellor, cheo de paz, confianza... Queremos ilusionARTE e darche esperanza coas nosas palabras para que se poidan cumprir os teus soños"

Despois os rapaces e rapazas de 6º tocaron unha peza musical coa frauta.


Como todos os anos, para rematar o acto soltamos unhas pombas e xa que non paraba de chover,  fixémolo dende a porta do ximnasio.


Por mor da chuvia, os nenos e nenas de infantil, non viñeron celebrar este día con nós. Preme AQUÍ e poderás ver como o pasaron.