sábado, 27 de xuño de 2015

PETROGLIFOS NA PEDRA

A semente da arte prendeu este curso en todos os membros da Comunidade escolar. Por iso, a Martín ocorréuselle que a arte rupestre sería a máis axeitado para realzar a entrada do colexio.




A nosa arte rupestre son os petroglifos. Ramón, gran afeccionado, fixo unha selección dos mellores da provincia de Pontevedra: Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Baiona, Oia, O Morrazo Gondomar, Cotobade... 




Fixeron tamén unha selección por temas: animais en distintas escenas, armas, círculos, espirais, cazoletas, labirintos...
Coa axuda da profe Cris e un proxector fixéronse os debuxos nu muro e comezaron a picar e picar...
Despois de moitas horas e moitos martillazos, Ramón e Martín remataron de gravar os petroglifos no muro de formigón. 




O paso seguinte foi remarcalos con pintura máis escura para que se poidesen ver mellor, desta parte encargáronse os nenos enenas de 5º con moito agarimo.





Por último, unhas plaquiñas de cores informando do nome do petroglifo e do lugar onde se atopan e a gozar deles por moito tempo.











Ningún comentario:

Publicar un comentario