Despois das vacacións do Nadal os trasnos decidiron converterse en artistas. Para comezar esta nova aventura preguntáronse: QUE É A ARTE? QUE SON AS OBRAS DE ARTE? QUE PRECISAMOS PARA FACER ARTE? e como eran unhas preguntas moi complicadas para eles tiveron que pedir axuda na casa. Preme no enlace para seguir as súas pescudas:
![]() |
PREME NA IMAXE |
A continuación puxéronse mans á obra preparando e decorando un recuncho na aula onde irán recollendo todo o que aprendan:
Despois coñeceron a un artista moi especial que atoparon unha mañá na pizarra máxica: Salvador Dalí. Aprenderon moitas cousas sobre el e as súas obras.
Descubriron o conto "El sueño de Dalí" que lles gustou moito:
Se queredes saber como continúa esta aventura non deixedes de consultar o blog dos TRASNOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario