sábado, 27 de xuño de 2015

PETROGLIFOS NA PEDRA

A semente da arte prendeu este curso en todos os membros da Comunidade escolar. Por iso, a Martín ocorréuselle que a arte rupestre sería a máis axeitado para realzar a entrada do colexio.




A nosa arte rupestre son os petroglifos. Ramón, gran afeccionado, fixo unha selección dos mellores da provincia de Pontevedra: Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Baiona, Oia, O Morrazo Gondomar, Cotobade... 




Fixeron tamén unha selección por temas: animais en distintas escenas, armas, círculos, espirais, cazoletas, labirintos...
Coa axuda da profe Cris e un proxector fixéronse os debuxos nu muro e comezaron a picar e picar...
Despois de moitas horas e moitos martillazos, Ramón e Martín remataron de gravar os petroglifos no muro de formigón. 




O paso seguinte foi remarcalos con pintura máis escura para que se poidesen ver mellor, desta parte encargáronse os nenos enenas de 5º con moito agarimo.





Por último, unhas plaquiñas de cores informando do nome do petroglifo e do lugar onde se atopan e a gozar deles por moito tempo.











CRISTÓBAL GABARRÓN VISITA A NOSA ESCOLA

O venres 16 de xuño visitounos un artista de proxección internacional: Cristóbal Gabarrón.


Os alumnos/as de 2ºA traballaron e aprenderon moito sobre el ao longo deste curso.




Un grupo de rapaces e rapazas contáronnos o que descubriran sobre a súa vida e o seu traballo, a pintura, a escultura, os murais e os gravados, das súas exposicións e da súa fundación.


Falounos da importancia da arte na vida das persoas, da súa vinculación con Bueu e o gran cariño que lle ten ao noso pobo xa que a pesares de vivir en Nova York pasa longas tempadas na súa casa da praia de Beluso.


Despois fixemos un obradoiro artístico no que cada neno/a tivo  que debuxar a súa visión particular dunha das súas obras "Felicidad", que representa unha parte dos fondos mariños quen están preto da súa casa.


Cada neno/a intentou copialo pero dándolle o seu toque persoal.


Contounos da súa última experiencia con nenos/as na China, onde fixeron un mural xigantesco entre todos e brindouse a facer un con nós no vindeiro curso.


Explicounos que é moi aficionado ao snorkel e que sempre que pode o practica. Gústalle moito a zona que está na praia de Beluso, a carón da cetárea. De feito, moitas das súas obras da colección "Circular" representan os fondos mariños desa zona de Bueu.


Houbo intercambios de agasallos, os rapaces/as entregáronlle un libro de caricaturas, feito por eles e Gabarrón nos obsequiou con dous libros sobre a súa obra para a biblioteca: Gabarrón in Washington e Los silencios de Colín.
Antes de rematar a visita sacamos unhas foto de grupo:





TEATRO DE MARIONETAS

O alumnado de 4º levou a cabo un pequeno proxecto que comezou coa elaboración das súas propias marionteas:



Foi un traballo de moitas semanas para despois en grupos e de maneira totalmente libre, crear pequenas obras de teatro. E velaquí o resultado:

ESCENOGRAFÍA DOS CÍRCULOS CONCÉNTRICOS DE KANDINSKY

O mércores 17 de xuño o alumnado de primeiro representou no escenario do Centro Social do Mar de Bueu, unha obra de arte: OS CÍRCULOS CONCÉNTRICOS de Kandinsky.
Á representación asistiron os nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria e as familias dos protagonistas que quedaron marabillados coa posta en escea. 
Para os que non puidestes estar compartimos estes dous videos:

MAKING OFF EN IMAXES



ACTUACIÓN COMPLETA:



venres, 26 de xuño de 2015

luns, 22 de xuño de 2015

LECTURAS CON ARTE

Guía de lecturas con títulos relacionados coa ARTE. 
Se queres coñecer máis libros relacionados con este tema, visita o noso taboleiro de PINTEREST.

luns, 15 de xuño de 2015

CAMILO CAMAÑO NO BIBLIOCASTELO

O pasado xoves 11 de xuño visitounos o artista morracense Camilo Camaño Xestido que foi o elexido pola clase de 2º B para traballar neste curso.
Veu acompañado de María Núñez, coñecida como Chola, que é a guía do Museo A Mangallona.
Despois da súa presentación por parte dalgúns alumnos/as de 2º B que nos contaron cousas da súa biografía, exposicións, premios e da Fundación Casa Museo A Mangallon, Camilo falounos dos seus comezos como pintor, das  diferentes etapas polas que pasou, das súas viaxes a Brasil, Amazonía, Cuba, Berlín,,, Tamén nos contou moitas cousas sobre as súas obras.

Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas e agasallárono cun libro titulado "Camilo Xestido visto polos nenos/as" que contiña caricaturas feitas polos rapaces e rapazas. Gustoulle moito e el tamén nos entregou nuha revista de arte na que aparecen retratos feitos por el. 

Para despedirse sacamos todos xuntos unha foto e quedamos de volver vernos o día 18 na Casa Museo A Mangallona.

sábado, 6 de xuño de 2015

INVESTIGANDO E PINTANDO A CRISTÓBAL GABARRÓN

O alumnado de segundo A, recolleu información sobre Cristóbal Gabarrón: biografía, localización no mapa dos lugares de nacemento e onde desenvoveu a súa vida artístiac, tipo de artista (escultor, pintor, muralista), exposicións, premio, fundacións, obras, artigos de prensa e reproducións da súa obra.
Recolleron todos estes datos e elaboraron un caderno:


Tamén traballaron coa técnica da caricatura creando cada neno/a a súa propia versión  de Gabarrón:


PINTANDO A CAMAÑO XESTIDO

Os nenos e nenas de segundo de primaria foron grandes artistas creando as suas propias caricaturas de Camilo Camaño Xestido. Velaquí tendes, recollido neste libro, o incrible resultado:



xoves, 4 de xuño de 2015

O CADERNO DO ARTISTA

Os alumnos/as de 4ºB confecionaron un "CADERNO DE ARTE" no  que como verdadeiros artistas que son, ían recollendo unha mostra de cada actividade relacionada coa arte que facían. A través desta presentación comparten con nós os seus preciosos deseños.


mércores, 27 de maio de 2015

INVESTIGANDO E APRENDENDO COAS TIC

Esta presentación sobre ANTONI GA/UDÍ é o froito dunha investigación levada a cabo por: Carla, Lucas, Sabela e Laura, alumnos/as de sexto.



Presentación sobre LUÍS DAVILA feita por: Tania, María, Giuseppe e Oliver, alumnos/as de sexto.


Presentación sobre SALVADOR DALÍ feita por:Adrían, Manuel e Gabriel, alumnos de sexto.


Presentación sobre MANOLO OTERO CABANELAS feita por: Antía, Inés e Lara, alumnas de sexto.


Presentación sobre MARK TAEGER feita por: Jairo, Bore e Teo, alumnos de sexto.


Presentación sobre O GRECO feita por: Xoel, Manuel e Rubén, alumnoss de sexto,


Presentación sobre PABLO PICASSO feita por: Noa e Mireya, alumnas de sexto.


domingo, 3 de maio de 2015

MIRAR CON LUPA LAS GRANDES OBRAS MAESTRAS DE LA PINTURA OCCIDENTAL



Claire d´Harcourt (autora)
Un viaje lúdico a través de las obras maestras de la pin tura universal, desde La Giocaonda de Leonardo da Vinci hasta Las señoritas de Avignon de Picasso. Busca como un detective los detalles escondidos en cada obra.


sábado, 2 de maio de 2015

DE NOCHE TODOS LOS GATOS SON VERDES




Vincent Péghaire (autor)
Editorial Océano Travesía

Un rinoceronte vermello?
Un lobo azul?
Imposible, non existen!
Claro que si!
E podemos velos todos os días.

venres, 1 de maio de 2015

EL LIBRO NEGRO DE LOS COLORES

Menena Cottin e Rosana Faría (autoras).
Libros del zorro rojo.
Tomás non pode ver as cores. Para el representan miles de sabores, cheiros, sons e emocións. Dende a escuridade dos seus ollos, Tomás invítanos a descubrir as cores sen velas.


xoves, 30 de abril de 2015

ARTE EN ACCIÓN




Editorial Acanto S.A.
Arte en Acción pretende achegar aos nenos e nenas do mundo a Arte con proxectos creativos inspirados en obras maestras.
Crear unha pintura rupestre, deseñar unha obra de arte basada noutra, recrear versións persoais imitando vidrieiras, crear  bolas de cristal de neve...

sábado, 25 de abril de 2015

HÓRREOS ARTÍSTICOS

Na clase de Valores Sociais e Cívicos os rapaces e rapazas de primeiro aproveitaron a investigación que estaban levando a cabo sobre a vila de Bueu para facer un traballo cooperativo no que copiaron unha construción tradicional galega: O HÓRREO.

Tratouse dun traballo por equipos, primeiro aprenderon as partes dun hórreo e os seus nomes e despois, con moita plastilina de cores, foron dando forma a cada unha delas, ata que conseguiron rematalo.

Como quedaron tan bonitos, están expostos na entrada do colexio, para que todos os poidas admirar porque a arquitectura é outra forma de ARTE.








domingo, 19 de abril de 2015

CIRCUITOS CON ARTE

O rapaces e rapazas de 6º convertéronse en científicos e artistas e elaboraron  uns circuitos eléctricos moi artísticos poñendo en práctica o aprendido na materia de Coñecemento. A súa creatividade deixounos a todos abraiados coas OBRAS DE ARTE que forman parte, dende hai uns días,  dunha exposición na entrada do cole: 

O ARCO DE TRIUNFO
A ESTATUA DA LIBERDADE NO PLANETA DOS SIMIOS
UN TEATRO
A NOITE ESTRELADA DE VAN GOGH
O DRAGÓN DE GAUDÍ
O FARO DE CABO HOME
O CINE DE SEIXO (MARÍN)
A TORRE DE HÉRCULES
A TORRE DE TOKYO

A TORRE DE PISA
XOGO PINTURAS E AUTORES
MUSEO POP ART
O COLISEO ROMANO