martes, 28 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O venres 24 de outubro recibimos no Bibliocastelo ao alumnado de infantil e primeiro ciclo. Todos eles/as viñan cargados de ilusión e agasallos para celebrar o Aniversario da nosa mascota, no Día das Bibliotecas Escolares. 
Papirus, que se atopa de viaxe de investigación polo mundo adiante, visitando museos e galerías de arte, deixounos unha mensaxe que todos escoitamos con moitísima atención.




Despois a profe Lina agasallounos cun conto precioso e MOI ARTÍSTICO: "AQUILES O PUNTIÑO". Unha historia ilustrada na que un sinxelo puntiño ía medrando e descubrindo o mundo: a chuvia,  as palabras, os aromas, os sabores, a música. Aquiles naceu dunha folla en branco e foise facendo a si mesmo pouco a pouco. 



O luns 27 de outubro foi o turno da rapazada de segundo e terceiro ciclo. Nesta ocasión contamos coa amable colaboración da profe Olalla que nos amosou o punto de mira de Miró, seguindo as peripecias de cinco salvaxes manchas de pintura, con moitas ganas de manchar. Foi un pracer escoitar da súa voz o conto "O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO" e retounos a atopar ao  noso artista e cadro favorito. 


Como en todas as festas tamén houbo música e felicitamos a Papirus entonando a súa canción.


E tampouco faltaron os agasallos...



E para rematar aquí vos deixo un video resumen coas imaxes desta xornada tan emocionante, divertida e sobre todo ARTÍSTICA.



Se queredes ver máis visitade estes enlaces:



domingo, 12 de outubro de 2014

PARA MIN A ARTE É ...

Os nosos rapaces e rapazas de segundo de primaria, cóntanos que significa a A ARTE para eles/as:
Móbil artístico (Diego Giráldez)

"...algo moi bonito que fan as persoas" Roi 

"...unha cousa moi bonita e antiga que se pon nos museos" Sara López

A Torre Eiffel 
"...un debuxo bonito e precioso creado pola imaxinación do artista" 

"...todo o bonito que fan as persoas: cadros, música, roupa, calzado, edificios, debuxos, poestías, esculturas, teatro ..." Deea

"...unha escultura que se pon nun museo e que inspirou a moita xente.. Tamén son cadros" Manuel.

Daniel
"...cousas moi bonitas que fai a xente" Juán

"...algo que ten imaxinación e creatividade" Aitana

"...son casas interesantes" Matías

"...son retratos e debuxos raros" Marcos

"...un debuxo con moita cor" Laura

"...un cadro moi valiosa e moi caro" Sergio

"...a pintura clásica" Rocío
Estatua da Liberdade (Jimena)

"...un debuxo que se fai con moitas pinturas" Eloy

"...unha cousa moi difícil de facer que te inspira en cada momento. Cando unha persoa a fai e porque está moi inspirada" Soraya



Os xirasois

A mona Lisa (Matías)

Esfinxe

Os xirasois

A Torre de Pisa (María)

Xarrón antigo

luns, 6 de outubro de 2014

ANIMAIS COMO NUNCA ANTES VICHES

O noruego Simen Johan crea nos seus traballos, imaxes espectaculares a partires de figuras animais. Xoga cos contrastes e situa a diferentes especies en ambientes estranos. 
Na realidade os animais que posan para el, están no zoolóxico ou son obras dun obradoiro de taxidermia. Empregando as tecnoloxías colócaos en lugares onde nunca estiveron e que pertencen ao seu arquivo persoal. 
Interésalle amosar o inédito, o nunca visto, xogar coa simboloxía e as metáforas visuais.
Simen Johan naceu e criouse en Noruega no ano 1973. Hoxe en día vive en Nova York e as súas obras atópanse expostas de maneira permanente en importantes museos 





 Se queres saber e ver máis obras deste fotógrafo e artista podes preme nos distintos enlaces que hai nas imaxes ou AQUÍ.

domingo, 5 de outubro de 2014

ARTE URBÁN GALEGO EN GIFs

Despois de varios anos facendo videos e fotografías, Adrián López Crego de 27 anos, empezou hai uns meses, a converter en GIFs animados obras de arte urbán, moitas delas na Coruña, a cidade onde reside.


Gustalle observar á xente, á cidade e atopar momentos que pasan desapercibidos para un ollo non entrenado, pero as veces a falta de movemento fai que se perda parte da mensaxe. Tiña moitas fotografías da rúa e pensou que podería darlle unha volta e empregar os GIFs como un muro na rede.



Se queres saber máis, preme neste enlace: 

QUE É A ARTE?

Que é a arte para ti?...
  • Unha forma de comunicación coa que podemos transmitir as propias ideas, emocións ou sentimentos.
  • Creacións sensibles e de gran beleza, ou expresións artísticas non tan fermosas...
Os artistas representan as súas obras a través da pintura, a escultura, a música, a literatura...

Ao longo desta presentación descubriremos que os obxectos e os materiais máis incribles pódense converter en arte.



POR QUE TRABALLAR A ARTE NA ESCOLA...

Algúns dos obxectivos que nos propoñemos ao comezo dese proxecto son os seguintes:
  • Achegar o mundo da arte aos rapaces e rapazas: o seu significado e importancia.
  • Entender a arte como unha expresión plástica a través da que poden expresar sentimentos e emocións.
  • Coñecer a distintos artistas galegos, españois e internacionais e as súas obras.
  • Reproducir con diferentes técnicas obras de grandes artistas.
  • Favorecer a comprensión, a expresión a imaxinación e a creatividade.
  • Fomentar o traballo en equipo e o gusto pola expresión artística.

xoves, 2 de outubro de 2014

A IMPORTANCIA DA ARTE NA ESCOLA

Educar coa arte e na arte é importante, sobre todo na infancia, periodo no que o estímulo de todas estas actividades artísticas resulta máis determinante: o debuxo, o modelado con plastilina ou barro, o recortado e pegado de figuras de papel ou tea... son algúns exemplos de actividades de gran contido didáctico á vez que resultan divertidas e favorecen a creatividade.
Empregar a arte, a través da contemplación e o debate, como medio para aprender a escoitar, respectar a opinión dos demais e fomentar o espíritu critico, é un dos obxectivos deste proxecto.
Segundo un estudio feito polo "Museum of Children's Art" (Museo de Arte Infantil) de Oakland (EEUU) hai polo menos veinte razóns que explican porque a arte é boa para a aprendizaxe dos rapaces/as: a arte estimula o cerebro; fomenta a autoestima e o desenvolvemento perceptivo; favorece a coordinación e a expresión; ensina a pensar creativamente e a resolver problemas deixando que os rapaces/as se expresen libremente.
A arte é valiosa en si mesma e a través dos seus traballos aprenden a valorarse a si mesmos e ao mundo que os rodea.
Damos comezo aquí ao noso proxecto para este curso 2014/2015 co lema seguinte: