sábado, 27 de xuño de 2015

CRISTÓBAL GABARRÓN VISITA A NOSA ESCOLA

O venres 16 de xuño visitounos un artista de proxección internacional: Cristóbal Gabarrón.


Os alumnos/as de 2ºA traballaron e aprenderon moito sobre el ao longo deste curso.




Un grupo de rapaces e rapazas contáronnos o que descubriran sobre a súa vida e o seu traballo, a pintura, a escultura, os murais e os gravados, das súas exposicións e da súa fundación.


Falounos da importancia da arte na vida das persoas, da súa vinculación con Bueu e o gran cariño que lle ten ao noso pobo xa que a pesares de vivir en Nova York pasa longas tempadas na súa casa da praia de Beluso.


Despois fixemos un obradoiro artístico no que cada neno/a tivo  que debuxar a súa visión particular dunha das súas obras "Felicidad", que representa unha parte dos fondos mariños quen están preto da súa casa.


Cada neno/a intentou copialo pero dándolle o seu toque persoal.


Contounos da súa última experiencia con nenos/as na China, onde fixeron un mural xigantesco entre todos e brindouse a facer un con nós no vindeiro curso.


Explicounos que é moi aficionado ao snorkel e que sempre que pode o practica. Gústalle moito a zona que está na praia de Beluso, a carón da cetárea. De feito, moitas das súas obras da colección "Circular" representan os fondos mariños desa zona de Bueu.


Houbo intercambios de agasallos, os rapaces/as entregáronlle un libro de caricaturas, feito por eles e Gabarrón nos obsequiou con dous libros sobre a súa obra para a biblioteca: Gabarrón in Washington e Los silencios de Colín.
Antes de rematar a visita sacamos unhas foto de grupo:





Ningún comentario:

Publicar un comentario