mércores, 31 de decembro de 2014

LER A ARTE DE JOSÉ MARÍA BARREIRO

Nestas últimas semanas os rapaces/as de 1ºB estiveron a investigar sobre o artista JOSÉ Mª BARREIRO.
Barreiro naceu en Forcarei pero actualmente vive en Cela, Bueu. Pero ao longo da súa vida, viaxou e traballou en moitos paises: París, Bos Aires, Chicago, Caracas... Tamén foi amigo doutros grandes pintores: Laxeiro, Lugrís, Seoane, Colmeiro, Manuel Torres...
Con esta presentación aprenderon moitas cousas máis de Barreiro.



A partires desta PPT os cativos/as cubriron unha ficha cos datos máis relevantes sobre Barreiro



Agora que xa coñecían algunhas das súas obras decidiron reproducir as súas pinturas.



Como remate, tamén eles quixeron compartir cos nenos/as de 1ºA todos os coñecementos que aprenderan:

luns, 29 de decembro de 2014

LER A ARTE DE URBANO LUGRÍS

Durante este trimestre, os rapaces e rapazas de 1ºA estiveron a investigar sobre a vida e obra de URBANO LUGRÍS . 
Aprenderon que, aínda que Lugrís naceu na Coruña (1908), a súa traxectoria vital e súa arte estiveron moi vinculadas ao pobo de Bueu (1940) e á familia Masso.  
Lugrís era fillo do político, escritor e un dos fundadores da Real Academia Galega, Manuel Lugrís Freire e da pianista Purificación González. Estivo casado e tivo dous fillos: Urbano Lugrís Vadillo (tamén pintor) e Paula.
Coñeceron alguns dos seus cadros (A illa, A Torre de Hércules, As illas Cies, Habitación do vello mariñeiro...) e murais (A balea)...



A partires desta presentación cumplimentaron unha ficha con datos sobre Lugrís.



Despois de coñecer a súa obra puxeron en marcha toda a súa creatividade e trataron de reproducir algunhas das súas pinturas:



Como remate a esta actividade contáronlle aos compañeiros/as de 1ºB todo o que aprenderan:

mércores, 24 de decembro de 2014

SENTIR A ARTE. EMOCIONARTE

Para comezar esta actividade cada neno/a pechou os ollos e deixou voar a súa imaxinación a través das cores, observándoas con todos os seus sentidos.
Despois foron anotando nunha ficha tamaño DIN A3, os pensamento ou sensacións que lles suxería cada cor. Se queres ver o resultado e saber o que nos fan sentir, preme nas cores: 


Con algunhas das ideas suxeridas elaboramos un mural que se atopa no corredor de entrada da biblioteca baixo o titulo: SENTIR A ARTE. EMOCIONARTE.


A COR AMARELA FAINOS SENTIR...

A cor AMARELA
  • sabe a ...    doce como as natillas, sabe a limón, a tortilla de patacas, a ananás e plátano, a mel, a xeado de limón, a queixo curado, a pasteis, a xema tostada... 
  • cheira a...   zume de limón, a colonia de vainilla, a pole, a limón recén cortado, a mostaza, a queixo e a manteiga, a margaridas, a xirasois, arrecende a gardenia...
  • é a miña vista como...   os raios de sol, un campo cheo de pampillos ou de trigo, un cesto cheo de limóns, a estrela da árbore de Nadal, o brillo do ouro e das estrelas no ceo, un montón de palla... 
  • escoitase como...  as moedas cando caen ao chan, o granizado de limón, o piar dun xílgaro, o son dun saxofón, dunha trompeta ou dunha campá, o ruxido dun león, o tic tac dun reloxo de ouro, as notas musicais, o zoar dunha abella, o son dun parruliño de goma...
  • Síntoa cando a toco... rugosa como o millo, lisa como a carapa dun plátano, graxa como a moionesa, blanda como Bob Esponxa, rugosa como unha tortiña de millo, suave como a melena de Rapunzel, viscosa como as natillas, como a pel dun limón, as plumas dun pitiño, a plastilina, unha manta cando vai frío no inverno...
  • faime sentir... luz, forza, diversión, ledicia, tranquilidade, mareo, fogo, alegría, enfado...  

A COR AZUL FAINOS SENTIR...

A cor AZUL
  • sabe a ...    lambetadas e gominolas de froitas, a caramelo de arándanos, a peixe fresco, a piruleta azul,  a sardiñas asadas, salgada como a auga do mar, a caramelo de anís...
  • cheira a...    lavanda, a salitre, a chuvia de verán,  a libros científicos, a tenda de larpeiradas, a sardiñas, a perfune, a deterxente...
  • é a miña vista como...   unha mañá de inverno, os peixes de cores no fondo do mar, o ceo sen nubes, a cor dos meus ollos, unha balea azul, un cadro de Lugrís, un campo cheo de lavanda, os ollos de mamá, os tellados das casas dun pobo grego, o mar...
  • escoitase como...  as ondas do mar cando rompen na praia, o son que fai un colibrí ao bater as ás, o chapoteo da chuvia, o ruído do mar cando hai maruxía, a serea dun coche de policía...
  • Síntoa cando a toco... húmida como a auga, suave coma os pitufos ou as plumas dun colibrí, as ondas do mar que chocan cos corpos dos bañistas, dura como os zafiros, branda como a plastilina, mergullarse na auga do mar cando vai calor, un par de guantes...
  • faime sentir... calma, seguridade, lealdade, seriedade, frescura, verdade, friaxe, relax, sede, confianza, tristura, serenidade...  

A COR MARRÓN FAINOS SENTIR...

A cor MARRÓN
  • sabe a ...    cereais, doce como o chocolate, amarga como o café, a turrón brando, saborosa como un bombón, a améndoas fritas, doce como a mel,  a xeado...
  • cheira a...   coiro, a bosque, a esterco, a terra mollada, a tarta de chocolate, arrecende a canela, a chocolate quente, a lentellas, a madeira, a carne estofada, a caca...
  • é a miña vista como...   unha morea de terra, o tronco dunha árbore, un ladrillo, un camiño enlamado, o chan cheo de follas secas no outono, a cor da pel cando está moi bronceada...
  • escoitase como...  a risa dun mono, o ruído da serra ao cortar a madeira, un portazo,, o ruído das pegadas no barro, o ruxido dun león,  o son do despertador para ir ao cole...
  • Síntoa cando a toco... dura como un pau ou como a cáscara dunha avelá, rugosa como un cartón ou como a cortiza dunha árbore, suave como a pelaxe dun gatiño pardo, moldeable como a arxila... 
  • faime sentir... morriña, nostalxia, aburrimento, acolledor, noxo, reflexivo, ansiedade, estabilidade, cobardía, incomodidade, apatía, constancia,  felicidade...

A COR VERDE FAINOS SENTIR...

A cor VERDE
  • sabe a ...   sopa de verduras, revolto de acelgas, xeado de lima, a chícharos, a kiwi, a chicle de clorofila, a leituga...
  • cheira a...   loureiro, a herba mollada, a césped recén cortado, a té verde, a romeu e a herbaluísa, a menta fresca, a caldo de grelos, a brocoli fervido, a verdura...
  • é a miña vista como...   o céspede ben cortado, un campo cheo de herba, unha morea de follas novas, unha  parede cuberta de hedra, un campo cheo de trevos, un trebo de catro follas,  a paisaxe de Galicia...
  • escoitase como...  o canto dun grilo, o croar dunha rá, o pitido dun semáforo, o ruído da segadora cando corta a herba, o son da fraga, o zoar do vento, o asubio dunha serpe, o ruído do vento contra as follas...
  • Síntoa cando a toco... como o bambú, pincha como un cactus ou unha estruga, apegañento como os mocos, como as cóxegas que fan as herba no nariz, esvaradizo como a folla dunha laranxeira ou o verdín das rochas, mol como un colchón de follas, suave como a miña chaqueta favorita...
  • faime sentir... equilibrio, esperanza, ilusión, harmonía, frescura, tenrura, xuventude, arrepio...