A cor VERDE
- sabe a ... sopa de verduras, revolto de acelgas, xeado de lima, a chícharos, a kiwi, a chicle de clorofila, a leituga...
- cheira a... loureiro, a herba mollada, a césped recén cortado, a té verde, a romeu e a herbaluísa, a menta fresca, a caldo de grelos, a brocoli fervido, a verdura...
- é a miña vista como... o céspede ben cortado, un campo cheo de herba, unha morea de follas novas, unha parede cuberta de hedra, un campo cheo de trevos, un trebo de catro follas, a paisaxe de Galicia...
- escoitase como... o canto dun grilo, o croar dunha rá, o pitido dun semáforo, o ruído da segadora cando corta a herba, o son da fraga, o zoar do vento, o asubio dunha serpe, o ruído do vento contra as follas...
- Síntoa cando a toco... como o bambú, pincha como un cactus ou unha estruga, apegañento como os mocos, como as cóxegas que fan as herba no nariz, esvaradizo como a folla dunha laranxeira ou o verdín das rochas, mol como un colchón de follas, suave como a miña chaqueta favorita...
- faime sentir... equilibrio, esperanza, ilusión, harmonía, frescura, tenrura, xuventude, arrepio...
Ningún comentario:
Publicar un comentario