xoves, 20 de novembro de 2014

CARPETAS ARTÍSTICAS

Lembrades o agasallo que nos fixo Papirus polo seu aniversario? 
Esas carpetas de cores para gardar os nosos traballos de arte?
Pois, xa temos as primeiras decoradas artisticamente. 
A ver que vos parecen!!!






Eu penso que están fantásticas!! 
Animádevos a rematar as vosas é poderedes velas aquí publicadas!!!

sábado, 15 de novembro de 2014

MONCHO E A MANCHA


Kiko Dasilva (texto e ilustración)
Kalandraka (editorial)


Moncho pintao todo: a cama, o mantel, a neveira, o avó...

Logo dunha intensa xornada de traballo, insiste en descubrir o significado dunha mancha de pinura negra que atopa sobre un papel en branco.






xoves, 13 de novembro de 2014

ARTBOOK KANDINSKI


Paola Rapelli (texto) 
Nova Galicia Arte (editorial)


Kandinski. As cores do entusiamo, do expresionismo á abstracción.
Kandinski, convertido en pintor case por casualidade, é un dos precursores máis importantes da arte abstracta, as súas pinturas e ideas son unha das experiencias determinantes para a evolución da pintura contemporánea.

mércores, 12 de novembro de 2014

DO A AO Z. O CAMIÑO DE SANTIAGO

Ana Mª Fernández e Xoán Babarro (texto)
Luisa Vera Guardiola (ilustradora)
Everest Galicia (editorial) 


A través deste libro, o pequeno lector, poderá coñecer de xeito divertido, as rutas incontables do Camiño de Santiago, que constituiron ao longo da historia un lazo de unión entre os pobos europeos.


"Devagar polo camiño, peregrino, atoparás arte, coidados e comida, sosego... e moita paz! Non deixes de percorrelo. Entre páxinas e letras a túa compostela has lograr"


luns, 10 de novembro de 2014

JAN ESTIVO ALÍ

Xosé A. Neira Cruz (texto)
David Soler (ilustrador)
Galaxia (editorial)

Arte e literatura van da man nunha historia singular. Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo do cadro hai unha sorpresa e desa sorpresa naceu esta historia.


domingo, 9 de novembro de 2014

O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL

Eric Carle (ilustrador)
Chema Heras (traductora)
Kalandraka (editora)

A liberdade creativa, o xogo cromático e o oficio do artista, contado para os máis cativos/as e unha homenaxe ao pintor alemán Franz Marc (1880-1916) precursor do expresionismo.
O seu "Cabalo Azul I" serviu de inspiración para este libro de Eric Carle, que descubriu a obra deste pintor a trvavés do seu profesor de arte, cando o réxime nazi prohibía a creación e a difusión desta vangarda pictórica e cultural. O gusto de Carle pola cor en todas as suas variedades, tonalidades e texturas, é froito desta influencia.

xoves, 6 de novembro de 2014

AQUILES O PUNTIÑO

                                                                       
Guia Risari (texto)
Marc Taeger (ilusttracións)
Kalandraka (editorial)


AQUILES O PUNTIÑO é unha historia ilustrada na que un sinxelo puntiño vai medrando e descubrindo o mundo: a chuvia, as palabras, os aromas, os sabores, a música.. 

Aquiles nace dunha folla en branco e vaise facendo a se mesmo. Un destino igual ao que tivo Aquiles pode que tamén o teñan outros moitos puntiños que adornan a noite: as estrelas.