luns, 10 de novembro de 2014

JAN ESTIVO ALÍ

Xosé A. Neira Cruz (texto)
David Soler (ilustrador)
Galaxia (editorial)

Arte e literatura van da man nunha historia singular. Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo do cadro hai unha sorpresa e desa sorpresa naceu esta historia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario