Os rapaces e rapazas de 2º, guiados polas súas mestras, estiveron traballando as matemáticas duna maneira moi artística.
Para practicar as contas e os problemas dun modo divertido, mesturaron os números coa pintura da seguinte maneira:
1º Resolvían as operacións de cálculo ou os problemas propostos en fichas como estas
2º Segundo o resultado obtido ían poñendo cor a un cadro seguindo un código de cores dado.
3º Cada pintura levaba o seu título e pertencía a un artista moi coñecido.
4º Por último comentábase e falábase sobre a pintura e o artista de cada cadro.
Desta maneira convertemos unha actividade monótona noutra máis interesante e conseguimos que coñeceran a obra de moitos pintores; Dalí, Vermeer, Renoir, Picasso, Miró, Monet...
Ningún comentario:
Publicar un comentario