martes, 23 de decembro de 2014

SENTIR A ARTE. EMOCIONARTE

As cores teñen un gran efecto a nivel emocional sobre as persoas, de aí a gran importancia que teñen no mundo da ARTE. Grazas ás cores podemos expresar emocións, sensacións, sentimentos, estados de ánimo... Porén propuxemos ao noso alumnado a seguinte actividade:

Pechamos os ollos e tratamos de percibir as cores cos nosos sentidos (vista, oído, olfacto, gusto e tacto) e pensar nos sentimentos ou emocións que nos suxería cada cor.









domingo, 21 de decembro de 2014

DESCUBRIR A ARTE A TRAVÉS DO MUNDO


Caroline Desnoettes (autor)
Kalandraka (Editorial)

Este libro é unha festa para os ollos, un fascinante encontro con 18 obras de arte a través de todo o mundo: rollos etiopes, biombos coreanos, máscaras brasileiras, iconos rusos... Conten información sobre as obras, o seu lugar e época de creación. Invita a observar os detalles, os materiais, as formas artísticas...

EXPOSICIÓN PERMANENTE SOBRE ARTE

Xa temos á disposición dos nosos usuarios/as, unha selección de libros relacionados coa ARTE que se atopan de maneira permanente, nun expositor dentro da biblioteca. 


Non esquezas botarlles unha ollada!!! Hai moitas novidades moi interesantes!!!

mércores, 17 de decembro de 2014

ARTBOOK PICASSO



Matilde Battistini (texto) 
Nova Galicia Arte (editorial)



Desde a formación académica nas provincias españolas de finais do século XIX ata a súa morte, pasando polo período das vangardas parisienses e a explosión do cubismo, Picasso domina a arte do século XX, e as súas obras son símbolo mesmo da arte e da cultura contemporáneas.




domingo, 14 de decembro de 2014

UNHAS ÁRBORES CON MOITA ARTE

Chegou o Nadal ao noso cole e a entrada principal vestiuse de gala grazas á colaboración do noso alumnado porque este ano decidimos elaborar unha gran postal colaborativa entre todos/as.

Empregamos distintas técnicas: debuxo, coloreado, recortado, collage... e distintos materiais: cartolina, goma eva, papeis de cores e de agasallo...



Ademais convocamos un certame de lemas relacionados coa ARTE e de entre todos (que foron moitos e moi bos) escollemos un que reflexa elocuentemente a conxunción  de sentimentos que provocan en nos a arte e o nadal.
A frase escollida é de LAURA BROCOS JUNCAL de 3º A e di así: 
CUN BOTE DE CARIÑO E UN PINCEL DE ILUSIÓN, IREMOS PINTANDO SORRISOS EN TODOS OS CORAZÓNS

UN NADAL DE ARTE

Os nosos pequenos artistas seguen a traballar sen descanso.  Nesta ocasión, para festexar o Nadal, crearon unha preciosa árbore con moitas estrelas de cores brillantes que decora a entrada do noso cole.


xoves, 11 de decembro de 2014

MIRA QUE ARTE! AS MENINAS


Patricia Geis (autora e ilustradora)
Combel Editorial


Neste libro descubrimos un dos cadros máis enigmáticos da historia "As Meninas" a través de imaxes, pop-ups e actividades divertidas.

Diego Velázquez pintou o cadro das Meninas  ou A familia de Felipe IV no ano 1656 e actualmente atópase no Museo do Prado de Madrid.



Preme na imaxe do cadro para acceder a unha audioguía moi interesante onde a Infanta Margarita e o propio Velázquez nos explican de maneira interactiva os secretos deste precioso cadro.



Neste video podes explorar dende moi cerca o cadro