luns, 15 de xuño de 2015

CAMILO CAMAÑO NO BIBLIOCASTELO

O pasado xoves 11 de xuño visitounos o artista morracense Camilo Camaño Xestido que foi o elexido pola clase de 2º B para traballar neste curso.
Veu acompañado de María Núñez, coñecida como Chola, que é a guía do Museo A Mangallona.
Despois da súa presentación por parte dalgúns alumnos/as de 2º B que nos contaron cousas da súa biografía, exposicións, premios e da Fundación Casa Museo A Mangallon, Camilo falounos dos seus comezos como pintor, das  diferentes etapas polas que pasou, das súas viaxes a Brasil, Amazonía, Cuba, Berlín,,, Tamén nos contou moitas cousas sobre as súas obras.

Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas e agasallárono cun libro titulado "Camilo Xestido visto polos nenos/as" que contiña caricaturas feitas polos rapaces e rapazas. Gustoulle moito e el tamén nos entregou nuha revista de arte na que aparecen retratos feitos por el. 

Para despedirse sacamos todos xuntos unha foto e quedamos de volver vernos o día 18 na Casa Museo A Mangallona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario